Este libro contén unha escolma de poemas dun dos maiores poetas galegos deste século, aquilino iglesia alvariño. a obra consta de vintetrés poemas. seleccionáronse a partir da totalidade da producción poética do autor, polo que hai unha lóxica diversidade entre os diferentes poemas, que responden a diferentes épocas e a diferentes preocupacións temáticas e formais.os poemas foron escollidos para que encaixasen coas características da poesía orientada ó público infantil. en todos eles atopamos un léxico moi rico, con abundantísimas referencias ó mundo rural da galicia interior.abundan, sobre todo, os poemas que cantan os elementos da natureza (era un sol pequeniño, brétema, nubes que pasan, era un mencer de san xoán, etc.) e os labores propios do mundo rural (hai que traballar, in agore gaudium, canté, ruliña...).outro nutrido núcleo é o formado por poemas que cantan o amor (polo correo do vento, a invitación do barqueiro, eu quero oír o teu silencio...) ou a amizade (nunha cea de amigos).finalmente, outros poemas tratan temas como a reflexión sobre o paso do tempo (cando teña trescentos anos), a relixiosidade do nadal (canción mística), o carácter submiso dos galegos (a tantos amos serviron), etc.
