Este é moito máis que un álbum ilustrado. é un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista do obradoiro artístico de apamp (asociación de familias de persoas con parálise cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. era moi fermosa, pero ela non o sabía. elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral. a través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. a realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante.
