Este é o cuarto caderno dos seis que forman a colección matemola, dirixida aos alumnos de educación infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico matemático. comeza este caderno coa presentación do número 6 para, deste xeito, continuar co traballo da serie numérica. seguimos a propoñer actividades para avanzar na adquisición da noción de cantidade (relación cantidade grafo, representación gráfica da cantidade...). ademais, iniciamos o estudo dos ordinais, amosándolle ao alumnado outro aspecto do número que lle permite ordenar os obxectos dunha serie tendo en conta a posición. así mesmo, para lle seguir axudando ao neno no proceso de adquisición da noción de cantidade, seguirán a traballarse os cuantificadores (mais que/ca, menos que/ca, igual), que permiten a construcción de igualdades numéricas entre o numéro de elementos de dous conxuntos. introducimos tamén a suma a partir da representación gráfica do proceso secuencial, que supón unha modificación da cantidade inicial mediante a acción de engadir. este proceso consta de tres pasos: estado inicial, a acción ou a transformación, e o estado final ou resultado. incorporamos novos atributos relativos á cor (morada, gris), ao tamaño (grande, mediano, pequeno) e á medida (ancho estreito; alto baixo), mantendo as clasificacións e as seriacións, a partir de dous atributos, nas actividades de lóxica. preséntase e trabállase outra forma plana: o rectángulo, co fin de descubrir as propiedades desta figura xeométrica, que permitan a súa identificación en distintos contextos, así como a súa representación gráfica. para seguir ampliando o coñecemento do neno verbo do espazo e mais dos obxectos que o rodean, engadimos neste caderno conceptos espaciais novos (aberto pechado; xunto separado; arredor). en canto á medida do tempo, continuamos a traballar a partir de situacións do ritmo da vida cotiá. para rematar, presentamos un xogo para repasar, de xeito lúdico, os principais contidos matemáticos desenvolvidos ao longo deste caderno.
