Este libro conta a historia de paquiño, o primeiro raposo que se fixo aviador e que foi, probablemente, o mellor de todos cantos houbo e haberá entre os que saben voar sen avión e sen motor. despois de moito afociñar, aprendeu a tomar voo e a aterrar como os avións e os helicópteros. e tamén aprendeu a amarar, que é como se di cando se pousa no mar. un día paquiño quixo voar ata cruzar a liña do horizonte. e foi. e ben que o pasou! e ti tamén o has pasar ben se comezas este conto polo principio de todo.
