Este é un libro fundamental da literatura universal. trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. o home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. a tradución galega de carlos casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.unha edición especial dun clásico da literatura para conmemorar os 30 anos da 1ª tradución ao galego feita por carlos casares.
