Este libro compaxina o coñecemento do patrimonio natural das nosas montañas co esforzo de as descubrir.as montañas de galicia é un libro feito desde unha concepción gráfica moderna e de grande manexabilidade para andar e patear o monte e descubrir o medio ambiente galego.os 15 itinerarios propostos pódense realizar sen grande forma física e sen grandes medios técnicos; a penas con zapatillas, mochila, se cadra algunha guía de campo e a cámara de fotos.son 15 itinerarios descritos coa súa xeoloxía, flora e fauna, acompañados de mapas e esquemas e con indicacións e descrición de máis de 93 puntos de interese nas proximidades.ademais dunhas excelentes fotografías, o libro vai acompañado de apartados que indican os accesosa cada itinerario, o tempo que leva o percorrido e as recomendacións que cómpre ter en conta para coñecer o monte pindo, san andrés de teixido, as serras do courel e dos ancares, o parque nacional de peneda geres, o teixedal de casaio ou a serra do barbanza, entre outros moitos itinerarios.
